os indios bravos da tribo Pepa

BENVIDOS A TRIBO DOS INDIOS PEPA

Hola, son Pepa, a abella viaxeira que vive na aula de 5 anos do CEIP Príncipe Felipe. Nesta ocasión, as miñas viaxes leváronme a coñecer ós indios nativos americanos. ACOMPAÑÁDEME NA MIÑA VIAXE.
Neste espazo manterémosvos informados sobre as nosas investigacións acerca dos indios Sioux e Apaches

miércoles, 2 de marzo de 2011

AS PROFESIÓNS

Hai uns días fomos de visita aos bombeiros de Pontevedra e aprendemos moitas cousas sobre a súa profesión; pero ao chegarmos a clase asaltounos a dúbida de qué podiamos ser cando foramos maiores, cada un escolleu o que quería ser e logo a profe Ester tivo una idea: por que non nos disfrazamos do que quereriamos ser? A idea encantounos e puxémonos man á obra e este foi o proceso para vestirnos de cociñeiros, futbolistas, enfermeiras, veterinarias... en breve poremos os resultados.




No hay comentarios:

Publicar un comentario